Este blog está creado coa intención de presentar as novidades que vaian nacendo ao redor dun “mundo deportivo” como é o piragüismo, utilizando como idioma o Galego e como non, de que mellor forma que manifestando esta terra con algo noso noso como o que aparece na fotografía: O fento.
É importante decir tamén que, ó escribir en Galego, este blog vai presentar variacións debido a facelo en Word Press, e este ao mesmo tempo, a pesar de presentar o Galego como idioma posible a escoller, non o “asimila” diríamos correctamente.
Quero decir ademais que nos comentarios que vaia expoñendo aquí, vou a ir expoñendo ao mesmo tempo a miña opinión persoal arredor do tema que xire o artículo. Ben, pois como non todos pensamos igual, creo que tampouco é mala idea que ante calquer desacordo dalgún lector/a se poña en contacto conmigo a través do apartado: “Dúbidas?…”.
Este blog, está dirixido por un integrante do Clube Náutico O´Muiño de Ribadumia, de ahí que esté o seu escudo na cabeceira do blog e a súa páxina web no pé de páxina. Este, é un club adicado ao piragüismo dende o 1995.