Inicio de presentación do deporte

Nesta nova entrada o que vou intentar levar a cabo vai ser a presentación do piragüismo coma deporte. Cando a maioría da poboación pensa no piragüismo, está pensando como non na figura do canoista xa retirado: David Cal Figueroa. É normal, tendo en conta o gran palmarés deste deportista, do cal quedamos con 5 medallas olímpicas:

  • Ouro e prata en Atenas 2004.
  • Dúas pratas en Pekín 2008.
  • Prata en Londres 2012.

O deporte do piragüismo é polo tanto un deporte olímpico, pero a miúdo é pouco “tratado” vamos a decir, polos medios de comunicación de masas.  Entón ven aquí a pregunta: por que é o deporte ao que menos tempo se lle adica cando é o deporte que máis cantidade de metais lle outorga ao medalleiro internacional? Ningún piragüista nin persoa que razoe sobre o tema o entende. A miúdo este deporte está desprestixiado por outros como poden ser: o fútbol principalmente, o baloncesto…

medallero-rio-2016
Medallas outorgadas por cada disciplina deportiva á España.

A pesar de ser pouco recoñecida, a labor do piragüista no ámbito olímpico segue a ser decisiva para o palmarés internacional (e senón miren a táboa da esquerda onde se exemplifican o número de metais presentados por esta modalidade nas pasadas olimpíadas de RIO 2016, frente as demáis modalidades). Os catro metais correspóndense a: Saúl Craviotto, Isaac Toro,  Maialen Chorraut e Marcus Walz.

 

Deixar un comentario